Bandsintown
get app
Registrieren
Anmelden
Registrieren
Anmelden

Industry
KünstlerEvent Pros
HilfeDatenschutzBedingungen
De Ninghures Tickets, Tour Dates and Concerts

De Ninghures

Feira Histórica de Arteixo

18. Okt. 2024

21:00 MESZ
Erinnerung erhalten
Book a Hotel
De Ninghures Tickets, Tour Dates and Concerts
Lass dich benachrichtigen, wenn Karten in den Verkauf gehen
Erinnere mich

Finde eine Unterkunft

Entdecke weitere Künstler, denen du folgen möchtest & synchronisiere deine Musik
Favoriten finden
musicSyncBanner

Veranstaltung teilen

De Ninghures Biography

De Ninghures é un grupo de música de raíz galega. Sete músicos da Fonsagrada, Compostela e Carballo con instrumentos orgánicos e que presentan un repertorio tradicional galego con claras influencias de músicas doutros pobos da Península Ibérica, América Latina ou o Magreb.
En 2019 son gañadores do concurso Novos Valores como tamén finalistas do Proxecto Runas organizado polo Festival de Ortigueira. A nivel nacional destacan a participación no 50 aniversario da Casa de Galicia en Santurtzi, na celebración do Día de Galicia en Esukadi na vila de Sestao, na XXXIV Fiesta de los Pueblos en Laudio (Álava) e na II Polavila de Santalla d’Oscos (Asturias).
É a partir da emerxencia sanitaria do 2020 cando o grupo realiza un traballo de autocoñecemento e decide plasmar todo o seu percorrido ata o entón a través do seu primeiro álbum. AQUÍ é o seu primeiro traballo discográfico gravado nos Estudios Abrigueiro da man do compositor e produtor musical Arturo Vaquero. Con temas orixinais nos que conflúen pezas de composición propia con arranxos do repertorio tradicional.
En outubro do 2022 presentaron ese primeiro disco "AQUÍ" na Sala Malatesta (Santiago de Compostela), que deu o comezo á xira de presentación de máis de 30 concertos por toda o territorio galego. Festival de Luz, Atlantic Fest, TradFest, O Son do Pazo e Sala Garufa son algúns dos escenarios polos que pasaron nos últimos meses.
“Yalah Rework”, “MalPica”, “Olliños Negros” e “Morena” son los lanzamentos musicais (sinxelos e un EP) tras a publicación do disco. Unha fusión de sons autóctonos e contemporáneos que cautiva a oíntes dun amplo rango de idade e que conseguiron o seu sitio en listas de reprodución tan relevantes como a Novidades de Mondo Sonoro en Spotify.
Os próximos meses veñen con nova música e colaboracións con outros artistas do panorama musical de diferentes estilos (urbano, pop e electrónica entre otros). Además, están traballando na nova xira que levará a súa música a otros países e lugares.
Mehr lesen
Contemporary Folk
Galician
Indie
Galician Music
Traditional Folk
Künstler folgen